Encontrei este enlace http://www.computerhistory.org/timeline/?year=1943 sobre o Proxecto Whirlwind, o meu traballo, na páxina do Museo de Informática. Entre este tema e o de Microsoft, escollín o de Whirlwind porque me pareceu algo importante na historia dos ordenadores e algo máis complexo.
Ordenador Whirlwind
O proxecto da máquina Whirlwind aprobouse en 1945 para a mariña estadounidense que, durante a segunda guerra mundial, quería encontrar a posibilidade de crear un simulador de voo para adestrarse. O desenvolvemento deste proxecto levouse a cabo no Laboratorio de Tecnoloxia de Massachussets (MIT). No MIT, chegouse a conclusión de que era posible construíla, e asinouselle o nome ó proxecto como “Proxecto Whirlwind”. O laboratorio situou a Jay Forrester como xefe deste proxecto.
O ordenador Whirlwind, foi un dos primeiros en traballar en tempo real, e usaba pantallas como dispositivos de salida. Tamén foi o primeiro ordenador que non consistía na sustitución de pezas mecánicas.
Dentro deste proxecto, Jay Forrester, presentou unha memoria non volátil para facer máis rápida e fiable a computadora. Seguidamente traballaron para desenvolver outro tipo de memorias, a memoria de núcleos, que despois foi ampliamente difundida, e consistían en matrices de pequenos aneis de cerámica, a información almacenábase neste aneis. No 1951, cando o proxecto se dou por concluído, a computadora UNIVAC I (Universal Automatic Computer), foi posta en funcionamento , e pasou a ser a número un no mercado internacional deixando atrás a Whirlwind, un gran avance para a historia informática.
Para realizar este traballo utilicei as seguintes páxinas web:
http://es.wikipedia.org/wiki/Jay_Forrester


Teño un problema coas dúas primeiras liñas, non sei porque non aparacen ben as letras.
Na ventá de Editar artigo aparecen todas iguales pero no artigo non.
Xa resolvín o problema. Saúdos