Arquivos e cartafoles

Toda a información que manexa un ordenador está escrita nalgún dos seus dispositivos de almacenamento mediante 0 e 1. Para poder manexala con maior facilidade se atopa agrupada en fragmentos independentes.

  • Conxuntos de instruccións de cómo facer tarefas específicas (programas)
  • Conxuntos de instruccións de cómo utilizar os dispositivos fisicos ou partes do hardware (drivers)
  • Textos
  • Imaxes
  • Sons
  • Etc.

Cada un destes fragmentos independentes constitúe un documento ou arquivo, e posúe un nome para identificalo e un sufixo chamado extensión que está composto por un punto e tres caracteres e lle permite o ordenador saber a clase de arquivo do que se trata.

Cada unha das unidades de almacenamento ás que ten acceso o ordenador xa sexan discos duros, disquetes, CD-ROM,etc. tamén posúe un nome que a identifica composto por unha letra do alfabeto seguida de dous puntos.

  • A: e B: (estan reseibadas para as disketeras).
  • C: (é o identificador mais comunmente utilizado para referirse ao disco duro)
  • D:, E:, F: e as restantes letras utilizanse para discos duros secundarios, lectores e grabadoras de CD.

Dado que o número de arquivos contido nunha unidade pode rondar os 200.000 resulta imprescindible organizalos dalgún xeito eficaz. Para isto, é posible situar varios arquivos xuntos dentro dun mesmo espacio ou contedor chamado cartafol ou directorio.

Ao ir situando arquivos e novos directorios (subdirectorios) dentro dos directorios, o conxunto da información vai estruturándose de xeito xerárquico en forma de árbore. O primeiro elemento da estrutura en árbore chámase directorio raíz e normalmente correspondese cunha unidade de almacenamento.

Para atopar un determinado documento do ordenador será necesario polo tanto, desprazarse a través dunha serie de carpetas e subcarpetas ata o lugar exacto onde estea situado. A forma de indicar dito camiño a través do ordenador é escribindo a ruta que é necesario percorrer dende o directorio raíz ata o documento do seguinte xeito:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s