Para acceder a MS-DOS:
Inicio/Programas/Accesorios/Símbolo de sistema
Estrutura básica dun comando:
comando nome(destinatario) nome(destino) /letras(indicacións) enter
Algúns exemplos:
-
CD ou CHDIR – Para moverse dun cartafol a outro
Por exemplo, cando estamos en C: para ir ao cartafol do sistema operativo “WINDOWS”cd WINDOWSOutro exemplo, unha vez en C:\WINDOS\ para voltar ao cartafol inmediatamente superiorcd .. -
DIR – Para ver un listado do contido do cartafol no que estas
Por exemplo, cando un cartafol ten un monton de arquivos se pode usar o indicador /p que significa pausa e fai que o listado de arquivos se amose pouco a poucodir /p -
COPY – Para copiar un arquivo dun cartafol a outro
Por exemplo, para copiar un documento de word do escritorio ao lápis USBcopy C:\Documents and Settings\Usuario\Escritorio\documento.doc F:\documento.doc -
MOVE – Para mover un arquivo dun cartafol a outro (o arquivo desaparece do cartafol orixinal)
Por exemplo, para mover o documento de word do lápis USB ao disco duromove F:\documento.doc C:\documento.doc -
DEL – Para borrar un arquivo (ollo arquivo non vai a papeleira, desaparece para sempre sen preguntar!)
Por exemplo, para borrar o documento que acabamos de poñer en C:del C:\documento.doc -
DELTREE – Para borrar un cartafol (ollo o cartafol e todo o seu contido non van a papeleira, desaparece para sempre sen preguntar!)
Por exemplo…olliño con este comando!