Borrar virus da memoria

Observamos o contido da memoria USB nunha xanela para detectar os posibles virus, normalmente tratarase de arquivos executables coa extensión .exe, cun nome moi extraño e atoparanse resaltados cunha unha icona dun cadeado indicando que están bloqueados.

Abrimos Autorun.inf con gedit para comprobar como o comando “Open=” efectivamente apunta aos arquivos sospeitosos que observamos na memoria USB.

Abrimos o terminal e nos diriximos ata o punto de montaxe da nosa memoria USB escribindo o seguinte comando

cd /media/nome_da_memoria/

Utilizamos o comando rm (remove) con permisos de super-usuario para borar o arquivo Autorun.inf e os virus que atopásemos na memoria. Sera necesario escribir o contrasinal despois de introducir o comando.

sudo rm nome_do_virus.exe
sudo rm Autorun.inf

Despois de borrar o virus podemos crear un novo documento Autorun.inf con gedit e poñer nel o que queiramos.

Tamén se pode bloquear o novo arquivo Autorun.inf con este comando para que quede mais seguro.

sudo chmod 555 Autorun.inf

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s