+ Aplicacións portables

Instalar aplicacións portables que non están en PortableApp.com

PortableApps Icon As aplicaciós portables que descargamos de PortableApps.com como firefox portable teñen a extensión .paf.exe, cando seleccionemos “opcións/instalar nova aplicación” no menu da nosa memoria USB e procuremos co explorador de documentos, só aparecen dispoñibles para instalar este tipo de arquivos executables . Non obstante, se buscamos a través de internet, aplicacións portables que non esten na páxina de PortableApps, como Spotify Procura en Google, a maioría delas se atopan con formatos distintos ao .paf.exe.

Menu para instalar novas aplicacións

Cando un programa é portable basta copiar a carpeta na que se atopa no lápis USB para poder levalo onde queiramos e utilizalo en calquera ordenador, polo que é suficiente copiar a carpeta de calquera aplicación portable que baixemos de internet na memoria USB, para poder utilizala.

De todos xeitos, se queremos instalar calquera aplicación portable do mesmo xeito que facemos cos arquivos .paf.exe e que a aparezan no menú de PortableApps, é necesario facer un truquiño para enganar á plataforma e que pense que se trata dunha aplicación baixada de PortableApps.com en formato .paf.exe.

Pasos a seguir:

  • Baixar 7-zip e instalalo
  • Comprimir o arquivo no formato auto extraible de 7-zip (.7z + selecionar SFX)
  • Cambiar o nome do documento resultante e poñerlle como extensión .paf.exe

Engadir un documento ao arquivador con 7-zip

Basta comprimir a carpeta na que se atopa Spotify portable con 7-zip e cambiar a extensión do arquivo autoestraible resultante para que PortableApps o recoñeza como unha aplicación .paf.exe e o instale na nosa memoria USB a través do menú.

Sef-extracting 7-zip file

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s