http://es.wikipedia.org/wiki/Memoria_USB
Non é recomendable ter a memoria USB conectada ao ordenador ao longo de toda unha clase. Nunca abras os documentos directamente nela. Conecta a túa memoria USB ao ordenador e copia os documentos que queras utilizar nunha carpeta co teu nome e o teu curso en Mis Documentos. A continuación, expulsa a memoria correctamete na barra do menu de inicio, e desconectaa. Traballa sempre coa copia dos documentos que fixeches no ordenador, deste xeito prolongarás a vida útil do dispositivo e evitarás moitos problemas e fallos ao gardar os documentos.
Ao final de cada sesión volve a conectar a tua memoria USB, copia todos os teus documentos do ordenador, e sustitúe as copias vellas da memoria polas novas do ordenador. Deste xeito nunca perderás o traballo aínda que se produza un erro ao grabar os datos na memoria, porque os documentos do ordenador permanecerán intactos. Despois podes borrar a túa carpeta do ordenador ou deixala a modo de copia de seguridade por se perdes a memoria USB.
Boas Prácticas:
- Analiza a memoria USB co antivirus antes de utilizala pulsando co botón dereito sobre a súa icona.
- Utiliza a opción Explorar que aparece no desplegable ao pulsar co botón dereito sobre a icona da memoria, en lugar de pulsar dúas veces sobre a icona para abrila.
- Desactiva a reproducción automatica de unidades en Windows para evitar que se executen os virus que poda conter a memoria escondidos no autorun.info.
- Obserba o parpadeo do led da memeoria USB cando a expluses, nunca desconectes o dispositivo se o led parpadea ou está encendido.
Malas prácticas
http://www.bloginformatico.com/etiqueta/memorias-usb
http://oldmcdonald.wordpress.com/
http://www.bloginformatico.com/desactivar-reproduccion-automatica-de-unidades-en-windows.php