- 1. Copiamos os arquivos do lápis USB nunha carpeta do noso ordenador para poder borralo sen perder os documentos.
- 2. Pulsamos co botón dereito do rato e selecionamos “formato” para formatear o lápis USB, escollemos o formato FAT32 e a opción “formato rápido”
- 3. Instalamos a plataforma PortableApps no lápis USB e engadimos ao lápis os programas portables que queiramos dende o menú “opcións/Instalar nova Aplicación”
- 4. Abrimos e editamos o arquivo Autorun.info co Bloc de Notas para cambiar o nome que aparece cando o ordenador monta o volume. Para isto debemos sustituir “PortableApps.com” polo nome que queramos para o dispositivo detrás de “label=”
[Autorun]
Open=StartPortableApps.exe
Action=Start PortableApps.com
Icon=PortableApps\PortableApps.com\App\Graphics\usb.ico
Label=PortableApps.com
- 5. Buscamos un icono en internet, baixámolo e o metemos no cartafol dindica o arquivo Autorun.info “F:\PortableApps\PortableApps.com\App\Graphics”. Volvemos a editar o arquivo Autorun.info co Bloc de Notas para cambiar o nome do icono de PortableApps, usb.ico, polo do icono que baixamos de internet.
Páxinas para atopar iconos en enternet:
icomania.com
iconarchive.com
Tuturial sobre como facelo que utilicei como referencia
Outra plataforma distinta para poñer aplicacións portables na USB