Cando instalamos programas en Linux o sistema operativo descarga os elementos necesarios para facer a instalación dende uns sitios web chamados repositorios. Os repositorios son os lugares onde está almacenado todo o software dispoñible para a distribución de Linux que teñas instalada, neste caso Ubuntu Netbook 10.04. Son imprescindibles para poder instalar programas e actualizar o sistema operativo, polo que é fundamental ter unha boa conexión a internet para poder utilizar Linux.
Ubuntu, o Centro de Software inclúe unha pequena lista de repositorios de onde descargar as actualizacións e o software básico. Non obstante, dita lista pode ampliarse co obxectivo de poder instalar codecs de vídeo propietarios, programas de Google ou calquera outra cousa.
Imos engadir catro repositorios á lista do Centro de Software de Ubuntu. No Centro de Software seguimos imos ata “Editar/Fontes de Software/Outro Software”, pulsamos “Engadir”, copiamos un dos repositorios da lista de abaixo e aceptamos pulsando “Engadir Fonte”. Procedemos do mesmo xeito ata engadir os catro repositorios da lista e ao acabar pechamos a xanela de Fontes de Software.
deb http://dl.google.com/linux/deb/ stable non-free main
deb http://kondr.ic.cz/deb lucid main
deb http://archive.getdeb.net/ubuntu lucid-getdeb apps
deb http://packages.medibuntu.org/ lucid free non-free
Para poder utilizar cada un dos repositorios que acabamos de engadir e necesario que o ordenador teña a clave pública que permite acceder aos mesmos. Para descargala no ordenador e gardala utilizaremos os seguintes comandos no Terminal.
sudo wget -q -O- http://dl.google.com/linux/linux_signing_key.pub | sudo apt-key add -
sudo wget -q -O- http://kondr.ic.cz/kondr.key | sudo apt-key add -
sudo wget -q -O- http://archive.getdeb.net/getdeb-archive.key | sudo apt-key add -
sudo wget -q -O- http://packages.medibuntu.org/medibuntu-key.gpg | sudo apt-key add -
Para comprobar que engadimos correctamente os repositorios imos instalar Google Chrome(google-chrome-stable) dende o Centro de Software e unha serie de paquetes importantes para poder ver películas Flash e DVDs co comando apt-get.
sudo apt-get install w32codecs libdvdcss2 ubuntu-restricted-extras non-free-codecs libdvdread4



